Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A Deputación levará actuacións de bandas e músicas corais por toda a provincia

Por 18 Xullo, 2022Sin comentarios

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha Tradigalu, un programa de promoción e difusión da música tradicional e popular que espallará máis de 150 de grupos tradicionais, bandas e corais polas distintas comarcas ata final de ano.

A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro explicou que con esta iniciativa mantemos o apoio a estas agrupacións musicais que, ademais de conservar e difundir a música tradicional cos seus repertorios e actuacións, desenvolven unha importante labor formativa impartindo clases de música e de baile e dinamizando culturalmente as parroquias e concellos”.

O programa conta cun orzamento de 150.000 euros e mantén os obxectivos do Musiqueando, adaptándose á actualización da interpretación da normativa sobre subvencións. Así, ademais de xenerar unha actividade que repercute economicamente nas agrupacións musicais, a área de Cultura complementará as programacións culturais que ofrecen asociacións, concellos e demais axentes culturais.

Nese sentido, Maite Ferreiro solicitou a colaboración das asociacións culturais para poder achegar a tradición musical a todo o territorio, poñendo a súa disposición o enderezo electrónico cultura@deputacionlugo.gal

Na confección do calendario de actuacións , que comezarán a desenvolverse nos vindeiros días, a área de Cultura buscará chegar a todas as comarcas, evitando a concentración en puntos concretos e prestando especial atención á conservación e fomento das manifestacións festivas da nosa tradición como foliadas, polavilas, festivais, magostos e celebracións populares.