Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAO Vicedo

Suspendido o V Torneo de Veteráns e o II Marathon F7 do Vicedo

Por 12 Xullo, 2022Sin comentarios

A Unión Deportiva Folgueiro do Vicedo vén de comunicar da suspensión do V Torneo de Veteráns e o II Marathon F7 pola falta de quipos. Este torneo íase celebrar esta fin de semana do 16 e 17 de xullo no campo de Boavista.

No V Torneo de Veteráns podían anotarse maiores de 35 anos e contará con tres fichas libres para maiores de 30. Na competición participarían diferentes equipos da provincia que loitarían por un premio.

Por outra banda, tamén se ía xogar o II Marathon F7 no que tamén había premios e trofeos para os catro primeiros clasificados.