Skip to main content
Alfoz

O Concello de Alfoz realizará o izado oficial da súa nova bandeira o 22 de xullo

Por 4 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello de Alfoz realizará o izado oficial da súa nova bandeira o día 22 de xullo, antes do Pleno da Corporación que se celebrará ese día ás 14.00 horas.

O Goberno local considerou convinte organizar correctamente o seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme ás normas da heráldica. E para iso, e de acordo con as facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico-heráldico, coa correspondente proposta de representación gráfica da bandeira, para a súa aprobación definitiva.

O encargado de elaborar os bocetos foi Eduardo Pardo de Guevara, presidente do instituto de estudios Padre Sarmiento, que cos diferentes elementos característicos do Concello e que xa figuran no escudo municipal conseguiu plasmar a espíritu do municipio.

Este novo pendón conta cun fondo verde que simboliza o val, a torre en blanco, sinal de identidade do Concello de Alfoz, e os símbolos do escudo de armas do mariscal Pardo de Cela en azul sobre un campo amarelo.