Skip to main content
Alfoz

Alberto Souto Franco, asume a presidencia da xestora do PP de Alfoz

Por 10 Xullo, 2022Sin comentarios

A dirección provincial dos populares acaba de nomear presidente da xestora do PP de Alfoz a Alberto Souto Franco. Souto Franco é unha persoa moi coñecida no municipio ao ser un dos propietarios dunha empresa do sector forestal en Alfoz.

Este nomeamento enmarcase dentro da normalidade orgánica do partido co obxectivo de que esta xestora traballe para que a agrupación local chegue totalmente reforzada aos comicios municipais.

Souto Franco di que se dá un mes de prazo para ter totalmente conformada a xestora do partido. O seu obxectivo neste sentido é que nela haxa unha ampla representación do partido en Alfoz.

O presidente da xestora sinala que o súa labor terá como liña principal traballar en positivo por Alfoz e estar preto dos veciños para defender os seus intereses. O obxectivo é que o PP chegue ás eleccións do 2023 forte e unido para conseguir un cambio de rumbo neste municipio.