Skip to main content
Barreiros

Barreiros e o Fondo Galego de Cooperación organizan unha actividade sobre cooperación e educación

Por 4 Xullo, 2022Agosto 4th, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros en colaboración co Fondo Galego de Cooperación organiza unha actividade para divertirse aprendendo sobre desenvolvemento, cooperación e educación.

Está dirixida a persoas adultas, a partir dos 15 anos, que poderán participar individualmente ou en grupos, e será na praza do Concello o xoves 7 de xullo a partir das 11.30 horas.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación sen ánimo de lucro integrada por administracións locais de Galicia unidas pola vontade común de contribuír á erradicación das desigualdades Norte-Sur, a través de proxectos de cooperación ao desenvolvemento con países empobrecidos e a sensibilización social en Galicia como os ODS.

Os Estados membros da ONU adoptaron a finais de 2015 os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ou ODS co fin de erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas nun prazo de quince anos, de aí que tamén se lles coñeza como Axenda 2030.

Os ODS incorporan metas relativas á loita contra a fame, o acceso á saúde e a educación, a igualdade de xénero ou o coidado do planeta. Todas elas inclúen indicadores que entroncan coas competencias locais, de aí que as administracións locais teñan un papel chave na súa consecución. Deste xeito, os gobernos municipais poden tomar medidas para acadar os ODS na contorna, aliñando as súas políticas coa Axenda 2030, e tamén poden contribuír á súa consecución nos lugares máis desfavorecidos a través da cooperación internacional e da participación en redes coma o Fondo Galego.