Skip to main content
Burela

O PP de Burela denuncia o mal estado do peche das instalacións da escola infantil dos Castros

Por 8 Xullo, 2022Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular de Burela denuncia o mal estado do peche das instalacións da escola infantil dos Castros, unha tarefa de “competencia exclusivamente municipal”, inciden.

Os populares alertan de que “o seu pechamento está enferruxado e roto nalgún dos seus tramos” polo que o seu estado “non só é lamentable, senón incluso tamén perigoso”. Deste xeito, fanse eco dunha denuncia veciñal que “xa é reiterativa tanto por parte dos veciños e usuarios da escola infantil coma do Grupo Municipal Popular”.

O voceiro popular, Manuel Rouco, lembra que “estamos a falar dunha obra executada no último mandato do Partido Popular en Burela que apenas chega aos oito anos de vida e que coincide practicamente cos anos que leva seguidos o señor Llano á fronte do Concello”. Nese sentido, lamenta a falta de actuacións do goberno socialista para evitar que “neste período de tempo se fora deteriorando o perímetro da escola infantil como o fixo ano a ano”.

“Ao estado lamentable do pechamento da escola infantil; hai que sumar as herbas que medran na beirarrúa pasa pegada ao pechamento e a falta de limpeza da finca interior da escola infantil onde é habitual que a natureza campe ás súas anchas sen que dende o Concello se tome ningunha medida”, lamenta o popular.

Rouco pregúntase “para que tanto movemento millonario de remanente municipal  para deixar tremendo as arcas municipais cando non son capaces de manter o que é de competencia municipal”. E incide en preguntar se “a isto se lle pode chamar xestión municipal”.