Skip to main content
Burela

Os nenos da Ocioteca de Verán de Burela crearon mosaicos con pedras e cunchas

Por 13 Xullo, 2022Sin comentarios

 As nenas e nenos participantes da Ocioteca de Verán do Concello de Burela realizaron esta semana unha ruta pola praia do Ril para buscar entre a area pedras, cunchas, paos e outros obxectos co obxectivo de crear mosaicos con materiais da natureza.

Unha vez seleccionaron e puxeron en común todas as cousas recollidas, compuxeron sobre unha parte do paseo marítimo do Ril mosaicos con múltiples formas compostos de diversos materiais.

Representaron a través destas composicións artísticas o mar e a praia, deixando voar a imaxinación dos pequenos e fomentando a creatividade ao tempo que aprenden a versatilidade dos obxectos da natureza.

As monitoras de Gaia explicaron que as pedras e cunchas recollidas rematarán de novo na praia, polo que ensinaron a través desta iniciativa que se poden facer cousas divertidas e respectuosas co entorno.

A actividade forma parte do programa de educación ambiental Bandeira Azul no que participa o Concello de Burela, co obxectivo de organizar distintos obradoiros relacionados co cambio climático, a perda da biodiversidade e a contaminación, especialmente o lixo no mar.