Skip to main content
Burela

Burela contratará peóns, condutor e capataz para as brigadas contra incendios

Por 22 Xullo, 2022Sin comentarios

A brigada contra incendios forestais operará en Burela durante un período de tres meses.

O Concello de Burela abre o proceso selectivo para cubrir 4 prazas da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, en concreto, dúas delas convocaranse para peóns, unha para peón condutor e outra para capataz.

As bases sairán publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) deste venres 22 de xullo, cun prazo de presentación de solicitudes de 5 días naturais desde o día seguinte á publicación, é dicir, desde o sábado 23 ao mércores 27 de xullo. Polo tanto, as persoas interesadas poderán presentar as instancias de forma telemática desde o domingo ata o mércores incluído, e de xeito presencial tanto o martes 26 como o mércores 27 de xullo nas oficinas de rexistro do concello.

A brigada contra incendios forestais que se forme do proceso de selección operará en Burela durante un período de 3 meses. 

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, informou da publicación das bases e animou “ás persoas que podan estar interesadas a que participen do proceso e aproveiten esta oportunidade”.