Skip to main content
Cervo

Volven Enredando no verán e as Noites Alternativas de Cervo

Por 3 Xullo, 2022Sin comentarios

O vindeiro luns 4 de xullo volven as actividades de verán do Concello de Cervo co programa de Noites Alternativas, de luns a xoves, e Enredando no verán, luns e mércores.

Así, as Noites Alternativas contarán cun obradoiro de cartón, chapas para a Maruxaina, un de maxia, un laboratorio de perfumes, clases de surf, balonmano, kaiak, paddle surf e inchables acuáticos,.

Dentro da programación de Enredando no verán haberá actuacións musicais, teatro, maxia, lasertag, xincanas, un torneo de basket 3×3, fútbol praia, e circo.

Dende o Concello informaron de que haberá algunha actividade máis como clases de ioga os martes ás 12.00 horas para nenos de 6 a 9 anos, e xoves para os de 10 a 12 anos. Tamén poderase desfrutar en agosto de clases teatro os luns ás 11.30 horas para os de 6 a 9 anos e ás 12.30 para os de 10 a 12 anos.

Para máis información haberá que chamar ao 691 656 600 ou poñerse en contacto co Concello.