Skip to main content
Cervo

A pista de skate de San Cibrao xa está lista e inaugurada

Por 28 Xullo, 2022Sin comentarios

A nova pista de patinaxe con obstáculos elevados e con formas tipo mini ramp de San Cibrao, en Cervo, foi inaugurada cunha exhibición de patinaxe e moita música.

O alcalde, Alfonso Villares, dixo que “con este novo espazo enriquecemos a oferta deportiva e de lecer do noso municipio, que suma novas infraestruturas como lugares de encontro para a mocidade”.

Esta actuación é posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia que aporta o 70% do orzamento que supoñen estes novos espazos.