Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

160 corredores pariciparon no II Trail de Sargadelos e á Andaina

Por 29 Xullo, 2022Sin comentarios

Este pasado domingo 24 de xullo Cervo acolleu unha nova edición do trail de Sargadelos no que aumentou o percorrido ata os 11 quilómetros.

Desde a asociación Amigos da Troula queren agradecer aos 160 participantes do trail e a andaina que se sumaron e tamén “a todas as persoas que dun xeito altruísta non axudaron a sacar adiante o Festival de Sargadelos con gran éxito”, tal e como constata a afluencia de público que tivemos durante os concertos programados, nas sesións vermús, na foliada tradicional e “aos que degustaron as nosas espetadas mouras que ofrecemos no campos da festa”.

O trail contou con 96 corredores e os tres primeiros clasificados na categoría masculina foron Jonathan Fernández, de Pasa ou Entorna de Narón cun tempo de 45´18; David Pérez, de La Cerezal Team de Aller e Bruno Deltorio, de Torrevertical V+ de Villar del Arzobispo.

Na categoría feminina as clasificadas foton Carla Trillo, de Peña Lar Trail de Burela cun tempo de 57´03, Romina Reimondo, de Trabada, e Tania García, do Club Monteperarubia de Lugo.