Skip to main content
Cervo

A protectora Coletiñas de Cervo necesita voluntarios

Por 29 Xullo, 2022Sin comentarios

A Asociación Protectora de Animais Coletiñas de Cervo comunicou que necesita voluntarios para as súas instalacións pois “cada vez estamos máis desbordados e a situación é insostible a longo prazo”.

“Necesitamos xente amante dos animais, responsable e con ganas de unirse ao equipo”, din, ” non queremos disolver a asociación e deixar desamparados aos animais abandonados, enfermos ou maltratados polo que pedimos axuda”.

“Necesitamos xente que poida vir aínda que sexa unha quenda á semana, ou o que sexa”, engaden, “que sexa responsable, maior de idade e que obviamente lle gusten os animais”.

Para máis información haberá que poñerse en contacto coa protectora no teléfono 623 235 915 ou no correo electrónico apacoletinhas@gmail.com.