Skip to main content
Foz

O Pico da Lebre será a seguinte ruta dos Os Sendeiros de Foz

Por 5 Xullo, 2022Xullo 13th, 2022Sin comentarios

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polo Pico da Lebre, por riba do Bispo Santo focego, o día 9 de xullo.

A saída será ás 9.00 horas dende o Concello de Foz e para participar será necesario anotarse aínda que é totalmente gratuíta nesta ocasión.

As persoas interesadas deberán inscribirse para participar  e dende a organización recoméndase levar equipo de sendeirismo pois a ruta ten unha dificultade media.

Para dúbidas ou as inscricións  haberá que chamar aos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou escribir a ossendeiros@yahoo.es.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.