Skip to main content
Foz

A Ribeira de Foz organiza o IV Open de pesca

Por 6 Xullo, 2022Agosto 22nd, 2022Sin comentarios

A asociación A Ribeira de Foz organiza para o 20 de agosto o IV Open de pesca dende embarcación do Concello focego.

Quen queira participar pode facelo e inscribirse de balde chamando ao teléfono 626 309 804 antes do 5 de agosto. En pasadas edicións, adoitaban ser máis de 35 as embarcacións, nomeadamente de Asturias e Galicia, que participaban dende primeira da mañá, sobre ás 7.30, para saír pescar e volver ao mediodía coas capturas á lonxa para a pesaxe.

Ademais haberá premios e agasallos para todos os participantes. Neste open colaboracn diferentes entidades focegas como o Concello, o CCA, El PEz Rosa, Capturas Pesca Deportiva, Seguros Ges ou Kukadas Pesca Foz.