Skip to main content
Foz

As noites de Foz comezarán con fútbol praia na Rapadoira

Por 17 Xullo, 2022Sin comentarios

Foz conta cunha ampla programación para as noites de verán para os mozos maiores de 10 anos no que haberá un sin fin de actividades.

O martes 19 arrincan con fútbol praia que será durante tres días a partir das 22.00 horas na Rapadoira, e ao que seguirá os días 26, 27 e 28 co wipeout. Xa en agosto, os días 2, 3 e 4 haberá volei praia, o 16, 17 e 18 baloncesto, e xa por último o 23, 24 e 25  fútbol sala e kickboxing.

Para participar será necesario inscribirse en cada actividade o primeiro día antes do seu comezo. O Concello lembra que os menores de 18 anos necesitan autorización.