Skip to main content
Foz

As obras do bar dos xubilados de Foz reiniciaranse en poucos días

Por 18 Xullo, 2022Agosto 22nd, 2022Sin comentarios

As obras da cafetería-bar dos xubilados de Foz está un pouco máis preto da súa renovación segundo informou o alcalde focego, Fran Cajoto. O local está situado na primera planta do edificio da praza Conde Fontao.

“En pouquiños días vaise reiniciar a esperada obra de renovación completa do local dos xubilados”, dixo o rexedor, unha obra pola que “apostamos ao entrar ao Concello”.

Segundo o rexedor “levaba pechado máis de tres anos polo anterior equipo de Goberno e ademais non se atopaba en condicións para reabrilo, polo que nos decidimos a acatar unha reforma completa”.

Así, “a cafetería-bar independízase competamente do local de asuntos sociais”, ambas ubicadas no centro social, “e disporase dunha nova terraza, e independizouse o suministro eléctrico do bar do resto do edificio”. Por outra banda tamén ao ter que realizar unha obra nun edifico existente “houbo que reformular o proxecto o que levou a ter unha pequena demora que se vai solventar e reiniciar en breves”, apuntou Cajoto.

“É un colectivo polo que apostamos enormemente dende sempre e vámolo seguir facendo, e entendemos todas as críticas que se nos poidan achacar pero sempre dende o respeto, pois estamos traballando para e polos veciños”, rematou dicindo o rexedor polas críticas verquidas pola Asociación Central de Xubilados e Pensionistas de Foz.