Skip to main content
Foz

Iniciadas as obras nos aparcadoiros de Nois e Pico do Castro, en Foz

Por 19 Xullo, 2022Xullo 20th, 2022Sin comentarios

Medio Rural da Deputación de Lugo informou do inicio dos traballos financiados pola institución provincial nos aparcadoiros de Nois e Pico do Castro, en Foz.

As actuacións comezaron o pasado xoves, cos traballos de limpeza e nivelado da parcela situada en Nois, a carón do CEIP Fondo Nois, onde se creará unha zona de aparcadoiro de areón compacto con 40 prazas. Un servizo demandado polas familias con nenos e nenas no centro para dar maior fluídez e seguridade á zona no momento da entrada e saída do colexio.

A deputada de Medio Rural Mónica Freire e o tenente alcalde de Foz Xavier Fanego, que acordaron o investimento, subliñaron que “co inicio das obras se cumpre co compromiso adquirido coa veciñanza, con axilidade e eficacia, como nos propuxemos desde o inicio desta colaboración entre as dúas institucións”.

O proxecto, que está a executar Tragsa, contempla tamén o acondicionamento do aparcadoiro de Pico do Castro, fronte ao cemiterio parroquial, con aglomerado, e suporá un investimento total de 37.000 euros por parte de Medio Rural.