Skip to main content
Foz

AciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa

Por 27 Xullo, 2022Sin comentarios

AciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de xullo.

Desde este xoves e ata o sábado os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. En caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan favorables a campaña desenvolverase no interior dos locais.

Nesta nova edición do Comercio na Rúa participan un total de 29 establecementos, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Óptico, Arrullos, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, MC Automotive, Mercería Vera, N 1 Zapatillas, OfiFoz, Sueños, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet, Xanela Complementos e Xoguetería Bahía.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñou que “no Comercio na Rúa atoparán unha ampla oferta en moda, calzado e artigos necesarios para o verán e tamén para a volta o cole”.

Colaboran con esta iniciativa de AciaFozCCA a Xunta de Galicia, o Concello de Foz e  Impulsa Foz.