Skip to main content
Lourenzá

Docklands Academy ofrece un campamento de verán

Por 5 Xullo, 2022Sin comentarios

A academia de inglés Docklands Academy ofrece para este verán un Summer Camp para que os pequenos sigan aprendendo o idioma mentras desfrutan do bo tempo.

Neste campamento poderán desfrutar de actividades como equitación, paintball, trekking, karting, teatro, xogos, talleres de artesanía ou coidado de animais.

Está destinado a pequenos de entre 3 e 12 anos e será en horario de luns a venres de 10.00 a 16.00 horas. As datas de realización son o 18, 22, 25 e 29 de xullo, e o 1, 5, 8 e 12 de agosto.

Para anotarse haberá que facelo a través do enlace. Para máis información será necesario contactar con eles no teléfono 605 738 247, ou consultar a súa web www.docklandsacademy.es. Esta academia ten sede en Foz e Lourenzá, pero o campamento será no concello laurentino.

Estas actividades axudan aos máis pequenos a aprender unha lingua para maximizar a habilidade do neno nese idioma máis adiante na súa vida. A través da música, contos, xogos e diversión en xeral o neno verase mergullado na lingua inglesa sen apenas darse conta e aumentará gradualmente o seu vocabulario e comprensión.