Skip to main content
Lourenzá

Lourenzá acollerá durante o verán diferentes actividades

Por 22 Xullo, 2022Sin comentarios

Lourenzá acollerá durante o verán diferentes actividades para todos os gustos e que engloban dende a música, o cine ou as presentacións de libros.

A primeira das citas de xullo será mañá sábado 23 co concerto de Ugía Pedreira na Escola de Arroxo, e seguirá o domingo 24 co espectáculo da Banda de Música en San Xorxe, e o día 31 tocará a quenda de Peregrinos musicais en Vilanova.

Xa en agosto, a Banda de música estará en San Adriano o domingo 7 e en Santo Tomé o luns 15, o venres 19 chegará a Vilanova o Festival Bal y Gay de música clásica e o 25 poderase desfrutar da proxección da película Valentina, tamén en Vilanova.

O venres 26 de agosto chegará a Farra do Conde Santo e o sábado 27 haberá diferentes actividades como maxia infantil, música a cargo da Banda local e o Festival Osorio Gutiérrez. Todo elo en Vilanova. O 28 será a presentación do libro Un novo Concello, Lourenzá, do autor Manuel Román.

Durante o mes de setembro o grupo Purofilin achegará a súa música cubana ata Vilanova o día 10, e o 23 e 24 serán as IV Xornadas de Historia Local O Agrarismo. Por último o 25 de setembro, Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre porán e punto e final a unha ampla programación.

Todas estas actividades están organizadas polo Concello de Lourenzá e as asociacións Patrimonio Laurentino , Osorio Guitiérrez, a Comisión de Festas Conde Santo, a Biblioteca Maravilhas, Peregrinos Musicais e Bal y Gay.