Skip to main content
Mondoñedo

Os socialistas de Mondoñedo advirten da demora nas obras da praza da Catedral

Por 4 Xullo, 2022Sin comentarios

Á esquerda imaxe das obras no mes de marzo e, á dereita, actualmente.

Desde o departamento de Patrimonio insisten na necesidade de que tódalas actuacións que afecten ao subsolo da Praza da Catedral “deberán realizarse cun control arqueolóxico”.

Os socialistas de Mondoñedo preguntaron na pasada sesión plenaria, celebrada o 30 de xuño, pola situación se atopan as obras da praza da Catedral despois das últimas incidencias no proxecto. Unhas obras que comezaron en decembro do 2021, e que a día de hoxe seguen se rematar.

“A praza da Catedral é o punto neurálxico das celebracións do noso concello, é incompresible que que dende máis dun ano que comezou este proxecto coa presentación da memoria no mes de xuño do 2021, a dia de hoxe, segue atopándose con inconvintes, e un ano despois aínda non estea rematado, e ademais leve xa 6 modificacións”, advirten os socialistas.

Hai que lembrar que o Concello de Mondoñedo presentou diante do Consello Territorial de Patrimonio Cultural de Lugo o 6 modificado deste proxecto, diante da comisión que celebra este consello no mes de maio do 2022.  Este proceso comezou o pasado xuño de 2021, cando o Concello de Mondoñedo envía o informe das obras de acondicionamento da Praza da Catedral. Un proxecto modificado, redactado e reaxustado pola arquitecta Gloria Trigo contratado polo Concello para tal fin.

Tal e como consta na memoria deste proxecto esta obra incluía a “desmontaxe das pezas de escaleira de acceso a soportais co fin de poder executar a nova rampla. Conservaranse as pezas retiradas co fin de usalas nos traballos de reparación do canal de desaugadoiro”.

Así as cousas, e tal e como se explica no informe da arquitecta “unha vez iniciadas as obras, constátase que non se pode levantar a pedra do pavimento do solo da praza sen romper; cando a proposta previa consistía en levantala para, posteriormente, recolocala. Así mesmo, compróbase que o pavimento da parte alta da praza, que se pretendía substituír, pódese conservar; polo que se substitúe esta partida pola nova pedra que haberá que repoñer na praza. E para non modificar o presuposto do proxecto, conservarase o pavimento de lastras de granito existente na rúa Pardo de Cela e o encontro entre esta rúa coa rúa Pascual Veiga resolverase tamén con lastras de granito”, segundo se recolle no devandito informe.

No que se refire aos proxectos previos na zona dos cantóns propoñíase o levantado total do pavimento sobre o canal de pedra que discorre paralelo ás fachadas das casas. Ante a dificultade de conseguir pedra do mesmo tipo que a existente, proponse a construción de tres arquetas de acceso e control para acceder ao canal facilmente sen necesidade de levantar o pavimento. As novas arquetas remataranse de pedra que se aproveitará da que se levante. No caso de que non sexa posible o seu aproveitamento, buscarase pedra igual á existente para revestir as tapas das arquetas. Desde o departamento de Patrimonio insisten na necesidade de que tódalas actuacións que afecten ao subsolo da praza da Catedral “deberán realizarse cun control arqueolóxico”.

MURO NA RÚA PASCUAL VEIGA

Nesta mesma sesión plenaria tamén interpelaron ao goberno municipal sobre comezo das obras de reposición no muro da rúa Pascual Veiga, “onde avanzaron que comezarán no mes setembro para non entorpecer a celebración do mercado medieval”.