Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo presenta o seu XXX Mercado Medieval

Por 15 Xullo, 2022Sin comentarios

Presentouse na praza da Catedral de Mondoñedo a edición XXX do Mercado Medieval que no presente ano terá lugar nos días 12, 13 e 14 de agosto, venres, sábado e domingo respectivamente.

Na presente edición recupérase a normalidade na celebración desta festa de Interese Turístico Galego que ademáis é das máis antigas do seu xénero en Galicia

Dende o Concello de Mondoñedo queren invitar a todo o mundo a que veña a celebrar esta nova edición do Mercado Medieval.

Por outra banda os organizadores están a promocionar as vodas medievais polo rito mozárabe ou a buscar participantes para ser merina ou merino no Mercado.

O ano pasado Mondoñedo celebrou o XXIX Mercado Medieval cunha edición simbólica os días 13, 14 e 15 de agosto. Unha edición que aínda estivo marcada pola pandemia polo que contou cun protocolo de seguridade, co fin de cumprir totalmente as medidas sanitarias de prevención fronte aos contaxios da covid-19.

Polo tanto, non houbo actividades de degustación gastronómica e existiu unha ambientación simbólica cun marcado carácter histórico e cultural que incluía actividades na praza da Catedral.