Skip to main content
Mondoñedo

Eliminado un punto de verquido de augas residuais na parroquia de Sasdónigas, en Mondoñedo

Por 24 Xullo, 2022Sin comentarios

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais na parroquia de Sasdónigas (San Lourenzo), no Concello de Mondoñedo.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron o foco nunha vivenda unifamiliar tras unha inspección.

De cara á emenda do vertido, realizouse un inventario punto por punto que amosou restos propios de augas residuais con destino final cara a unha gabia.

Despois dunha segunda inspección, xunto con técnicos municipais, Augas de Galicia requiriu un plan de acción para eliminar a achega contaminante.

O Concello de Mondoñedo informou da recondución do vertido cara ao sistema de depuración da vivenda, constatándose, tras unha nova inspección á zona, o cese das augas residuais na gabia.