Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

Ourol contará con saídas guiadas nun autobús de época pola arquitectura indiana

Por 26 Xullo, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

O Concello de Ourol organiza, os días 6 e 7 de agosto, unhas saídas guiadas nun autobús de época que percorrerá os puntos máis representativos da arquitectura indiana de Ourol.

Visitaranse as casas de estilo indiano e cosmopolita coas súas características fachadas, con galerías e adornos que as fan únicas; as escolas que promoveron os emigrantes a través de sociedades ou con doazóns particulares.  Será unha viaxe no tempo para visitar o patrimonio indiano, para recuperalo e poñelo en valor.

As saídas inícianse e acaban diante da Casa do Concello de Ourol e as prazas son limitadas. Para anotarse podes facelo a través da ligazón. Para máis información no teléfono 982 55 90 19 en horario de 11.00 a 13.00 horas