Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

Santiago de Bravos, en Ourol, celebrará esta fin de semana as súas patronais

Por 22 Xullo, 2022Xullo 25th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Santiago de Bravos, no Concello de Ourol, celebrará esta fin de semana as súas festas patronais que darán comezo o sábado 23 e que se alongarán ata o luns 25.

O sábado ás 20.00 horas haberá unha exposición de traballos manuais realizados polas alumnas do curso de Labores das Asociación de veciños durante o curso 2021/2022. A continuación poderanse degustar uns pinchos e viños

O domingo 24 será a gran churrascada acompañada da verbena que estará a cargo do trio Banarama e o dúo Zafiro.

O luns 25, día grande haberá misa solemne pola mañá, a partir das 12.00 horas, seguida da sesión vermú, que terá unha maior duración, estará ao cargo do grupo Alma Latina.

As festas están organizadas pola Asociación de Veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos e colabora o Concello de Ourol e a Comunidade de Montes de Bravos.