Skip to main content
A Pontenova

Recollen doazóns de sangue na Pontenova

Por 3 Xullo, 2022Xullo 13th, 2022Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro 8 de xullo na Pontenova para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

Así, estará situada na praza dos Fornos en horario de 16.00 a 21.00 horas.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.