Skip to main content
A Pontenova

A Pontenova ten aberto o prazo de axudas para o sector forestal

Por 31 Xullo, 2022Sin comentarios

O Concello da Pontenova vén de informar que ten aberto o prazo de axudas para as pequenas e medianas empresas do sector forestal.

Poderán beneficiarse  todos os que utilicen a madeiras e os seus derivados como a resina, cortiza ou outros produtos, exceptuando os alimentarios, como materia prima para a elaboración.

Con esta liña de axudas poderase mercar a maquinaria nova vinculada a procesos de transformación de produtos de orixen forestal como os de secadoiro ou outros tratamentos e acabamentos da madeira, obras e instalacións necesarias para o correcto funcionamento, equipamento, implantación e certificación da cadea de custodia, servizos, bens, etc.

Os investimentos subvencionaranse cunha axuda do 50% dos gastos elexibles, e a axuda máxima por solicitantes limitarase a 200.000 euros.

Os solicitantes teñen de prazo ata o 8 de agosto  e para máis información haberá que acudir ao Concello ou chamar ao 982 342 277.