Skip to main content
A Pontenova

O PP da Pontenova constitúe a nova xestora

Por 31 Xullo, 2022Sin comentarios

O PP da Pontenova da un paso máis de cara ao seu fortalecemento coa constitución da xestora que preside Concepción Novo e que dirixirá a formación local co obxectivo de “implicar a todas aquelas persoas interesadas en traballar polo noso concello e os nosos veciños” e “tratar de preparar a mellor candidatura posible para as eleccións municipais do 2023”.

O acto que tivo lugar este sábado contou coa participación de representantes da dirección provincial do Partido Popular coma a súa presidenta, Elena Candia; o coordinador xeral, José Manuel Balseiro; e o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal, que se achegaron á Pontenova para ofrecerlles a súa colaboración e “agradecerlles o seu compromiso de traballo”.

A xestora contará con Eleuterio Lavandeira, Julián Calvo, Sabela Lozano, Isabel López e Jorge García; ademais da propia presidenta, Concepción Novo; e os concelleiros do Grupo Municipal Popular David Álvarez Gutiérrez e José Benjamín Pacio como membros natos.

Novo trasladoulles o seu agradecemento “pola confianza e por dar a cara” e sinalou que “temos traballo por diante para lograr nas municipais que o Partido Popular sexa tamén o máis votado na Pontenova igual que nas últimas autonómicas”. Para iso, “queremos contar con todos”. De feito, a xestora é un “equipo aberto á incorporación de todos os afiliados e veciños que consideran que A Pontenova necesita un cambio e que queiran sumarse ao noso proxecto”.

Ilusión e respecto

“Temos moita ilusión por ver mellorar o noso pobo e os servizos aos nosos veciños” e, nesa liña, “queremos ilusionar a máis xente. Queremos contar con todos e traballar dende o respecto e a responsabilidade”, manifestou a presidenta da xestora.