Skip to main content
Ribadeo

Veciños dos barrios ribadenses da Regueira e San Lázaro recuperan o seu encontro anual

Por 19 Xullo, 2022Sin comentarios

Veciños dos barrios ribadenses da Regueira e San Lázaro recuperan o día 30 deste mes de xullo, sábado, o seu encontro anual, que foi interrompido pola pandemia.

A comisión organizadora do evento anuncia: “despois da lóxica paréntese da pandemia, agora que diminuíu en gravidade, propoñemos unha nova reunión dos veciños da Regueira e San Lázaro para o sábado día 30 deste mes de xullo de 2022. O lugar de celebración será no restaurante Voar ás 14:00 horas. Dado que a pandemia non está totalmente esquecida reservamos a terraza para a celebración do xantar ao aire libre, cuxo custo será de 35 euros por comensal. Nesta ocasión e debido á demanda dalgúns dos veciños os asistentes poderán ir acompañados, facendo efectivos os 35 euros por persoa correspondentes.”

Os organizadores engaden “somos conscientes de que a nosa base de datos non está completa polo que se algún actual ou antigo residente da Regueira-San Lázaro non recibe as nosas comunicacións agradeceriámosvos que vos puxésedes en contacto por teléfono ou WhatsApp con Mari Carmen (600.27.77.91), Manolo (649.97.90.36) ou Paco (639.13.66.01). Así mesmo se coñecedes a alguén que non está incluído agradecemos que nolo fagades saber ás persoas antes mencionadas.”

Os tickets para a comida pódense adquirir na tenda de Sargadelos que está na ribadense rúa Reinante contactando con Lourdes.