Skip to main content
Ribadeo

Mañá terá lugar en Ribadeo unha xornada de Networking

Por 28 Xullo, 2022Agosto 4th, 2022Sin comentarios

O venres 29 de xullo terá lugar en Ribadeo unha xornada de Networking no que estará o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Francisco Conde, Daniel Vega e varios membros do grupo municipal popular.

O obxectivo é reactivar a economía do municipio a través da creación de emprego para os máis mozos. Ademais, haberá unha explicación dun mapa axudas que terán as empresas para o 2022 e para futuros anos. 

Unha das intervencións máis destacadas será a escoita de experiencias empresarias, concretamente a dun grupo de mozos e mozas que decidiron emprender un proxecto empresarial en Ribadeo baixo o nome de NIGAL. Nesta ponencia contarán a súa experiencia e cómo se veron beneficiados das distintas axudas da Xunta de Galicia.