Skip to main content
Axenda CaducadaRiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Veciños de Santa Comba reúnense para falar sobre o estado dos montes conveniados

Por 12 Xullo, 2022Xullo 16th, 2022Sin comentarios

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea vén de comunicar que o vindeiro sábado 16 de xullo celebrarán unha reunión sobre a situación dos montes conveniados.

Este encontro, que se celebrará na Escola da Órrea ás 18.00 horas, contará con asesoramiento do experto Óscar Fernández da empresa Xelda, Eido Rural.

Na reunión tratarase a situación actual das leiras á Xunta, as razóns polas que non as explota nin as devolve, ou as iniciativas que se están poñendo en marcha na comarca para recuperar os montes.

Esta cita esta aberta a todas as persoas interesadas sexan veciños ou non.