Skip to main content
Cultura AMARIÑAXADeportes AMARIÑAXAViveiro

Francisco Ramil, Club Billar Viveiro: “Necesitamos conseguir xente nova, que sería o futuro do club“

Por 24 Xullo, 2022Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

Francisco Ramil, presidente do Club Billar Viveiro.

Quen se atopa á fronte do Viveiro Club de Billar?

Pois na xunta directiva en estes momentos está Eduardo Pena, como secretario, Francisco Benítez, como tesoureiro, e máis eu de presidente.

Cantos membros son?

Somos oito socios, todos adultos.

Dende que ano está formado o club?

O club iniciou a su andadura a finais dos anos oitenta no extinguido Casino de Viveiro pois habíanos cedido un local a cambio de facernos socios da entidade e nós compráramos a única mesa que tiñamos por aquel entonces.

Onde teñen a sede ou local coas mesas?

A sede está situada no antigo Colexio Vello de Celeiro, no cal o Concello nos facilitou unha das salas dispoñibles.

Fan máis actividades ademais de competir?

Neste momento a actividade principal é a competición na Liga Galega, nos “opens” autonómicos e en algúns dos nacionais; ademais por suposto dos nosos adestramentos.

Que aporta o club á vida deportiva de Viveiro?

Cremos que aporta visibilidade e difusión de Viveiro por toda Galicia  e incluso a nivel nacional. Xa no ámbito do billar podemos dicir que o Viveiro Club de Billar é coñecido en toda España. E claro está, este é un deporte bastante minoritario.

Contan con apoio municipal?

Por suposto, sin o apoio municipal unha vez desfeito o Casino sería imposible a continuación do club, por iso agradecemos que nos cedera as instalacións e contamos sempre co seu apoio.

Que necesidades teñen?

As necesidades principais son por suposto conseguir máis socios sobre todo de xente nova que serían o futuro do club. Pero esta é unha tarefa dificil xa que é un deporte non moi coñecido como tal, pero que unha vez que o probas xa non o podes deixar.

Recentemente foron subcampións da Copa Galicia. Como se sentiron?

Evidentemente moi contentos. Xa fomos campións da Copa Galicia de Segunda división fai 3 tempadas. E agora somos subcampións da máxima categoría, isto para nos significa un gran orgullo, e é a recompesa ao esforzo realizado tanto económico, como de tempo de adestramento, organización das xornadas na casa, etc.

Como se atopan agora mesmo?

Pois estamos con moitos ánimos para pelexar polo campionato a vindeira tempada.

Algunha lembranza especial dalgún torneo ou adestramento?

Seguramente o logro conseguido do subcampionato, pero por citar o último, estas últimas semanas estivemos xogando en Xixón o torneo nacional Princesa de Asturias, onde o noso club enviou a tres dos seus xogadores. E a experiencia de participar nun torneo dese nivel, con xogadores de élite nacional e incluso mundial, e irrepetible e moi reconfortante. Tamén estivos a finais de xuño no Campionato Galego de billar a tres bandas de Chantada.

Participan en moitos torneos?

Pois en todas as que nos permiten a ocupacións diarias, pero sobre todo en todos os “opens” galegos, na liga, e nalgún open nacional.

Hai moitos clubs como o seu na Mariña?

Na Mariña somos o único, pero na provincia de Lugo hai dous máis, o Círculo de Lugo e o Círculo de Chantada.

Algunha novidade para esta tempada?

Recentemente abrimos un canal en Youtube onde comezamos a emitir as partidas de Copa Galicia en directo. Empezamos xusto na última xornada, donde confirmamos o subcampionato. E esperamos que na vindeira tempada xa poidamos emitir todos os partidos en directo para que a xente desfrute desde marabilloso deporte.