Skip to main content
Viveiro

Segundo o BNG “a Xunta dá as costas aos traballadoras de Albo en Celeiro”

Por 15 Xullo, 2022Sin comentarios

Segundo o BNG o Partido Popular dálle as costas á Mariña diante da posibilidade de peche da úlitma conserveira na comarca, “o PP mira para outro lado e non lle importa que 42 traballadoras queden na rúa, e siguen co seu modus operandi da última década a respecto da comarca: mirar desde a grada como numerosas empresas emblemáticas mariñás pecharon as súas portas deixando un regueiro de desemprego de mais de 1.000 persoas, así como votar por sistema sempre en contra das iniciativas do BNG nas que se demandaban plans de emprego e de industrialización para A Mariña”, di o deputado Daniel Castro.

Volveron a repetir o seu “descaro e fixeron gala unha vez mais da súa pouca valentía e da súa total falta de respeto, pois ningún deputado/a  mariñao do PP tivo a dignidade de intervir no debate da iniciativa do BNG para buscar solucións ás traballadoras de Albo” que defendeu Daniel Castro, e delegando os populares mariñaos nunha deputada de Vilagarcía. 

“E tampouco o presidente da Xunta se dignou a reunirse coas traballadoras, co cal queda patente o nulo compromiso do PP e da Xunta con esta comarca” afirmou Castro, que tamén manifestou durante o debate que “por iso instamos a Xunta a que faga dunha vez por todas o necesario para que Albo quede en Celeiro, porque unha vez podemos crer en vostedes, dúas tamén, incluso tres, pero cando superan a decena  de incumprimentos xa se fai máis difícil. No BNG e na Mariña levamos moitas malas noticias de vostedes  para ter fe cega en vostedes”

PARTIDO POPULAR

Pola súa banda a deputada do Grupo Popular Elena Suárez incidiu no Parlamento galego na necesidade de que a Xunta siga traballando para que os postos de traballo da conserveira Albo se manteñan en Celeiro, no concello de Viveiro. Porén, criticou que o BNG “primara a busca dun titular e os seus intereses partidistas fronte á defensa dos traballadores e traballadoras, sen ter en conta as limitacións da Xunta á hora de poder intervir neste problema laboral”.

Elena Suárez lamentou que o BNG rexeitara “consensuar un acordo no Parlamento galego e trasladar aos traballadores de Albo en Celeiro que estamos unidos na defensa dos seus postos de traballo”, cando os nacionalistas galegos “son coñecedores de que a Xunta non pode facer trámites porque a normativa actual non permite obrigar a ningunha empresa a cambiar as súas lexítimas decisións empresariais”.