Skip to main content
Viveiro

O PP viveirense quere que o Concello instale puntos de vehículos eléctricos

Por 23 Xullo, 2022Sin comentarios

Os concelleiros populares defenderán no próximo pleno unha iniciativa para que o Concello impulse a instalación de, como mínimo, un punto de recarga para vehículos eléctricos en Viveiro, outro en Covas, un en Celeiro, e ademais outro en Aparcamentos A Mariña. Así o anuncian o portavoz popular, Óscar Rodríguez, e a concelleira Teresa Pérez.

Os populares lembran que en febreiro de 2020 foi aprobada polo plena a moción que presentaron para promover o transporte sostible, na que se propoñía a instalación de puntos de recarga en distintas zonas de Viveiro, incluíndo Aparcamentos A Mariña. A alcaldesa recoñeceu entón a necesidade de instalar os puntos de recarga, se ben dixo que lle parecían moitos. A día de hoxe, Viveiro segue sen dispoñer de puntos de recarga, a pesar de que a súa instalación está subvencionada ata o 70% polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía, a través do INEGA.

Os concelleiros populares destacan que o Concello de Mondoñedo deu a coñecer recentemente a instalación de oito postos de recarga. Rodríguez e Teresa Pérez sinalan que “son accións de desenvolvemento e posta en valor dunha cidade que botamos moi en falta en Viveiro”.