Skip to main content
Viveiro

A Banda Naval de Viveiro prepara un concerto polo seu aniversario

Por 29 Xullo, 2022Sin comentarios

A Banda Naval de Viveiro prepara un concerto polo seu vinte aniversario no que levan formando parte da historia da veciñanza viveirense.

“Forman xa parte de Viveiro, a súa música está nos momentos más importantes do ano para os nosos veciños e veciñas, polo que desexo moitos máis aniversarios de música e historia para a Banda Naval de Viveiro; estou convencida de que así será”, asegura a rexedora María Loureiro.

Este acto conmemorativo será mañá 30 de xullo ás 21.00 horas no teatro Pastor Díaz e nel participarán a Banda de Música O Landro, a Banda de Música de Foz, a Banda Naval de CC y TT de Viveiro, Vicente Moreno Albaladejo e Felipe Sánchez Fernández.

Recentemente foi nomeada Inma Costa como nova directora da Banda Naval, “unha muller nova que se formou nesta banda desde os seus comezos e agora a dirixe con mestría”, dixo a rexedora viveirense.