Skip to main content
Xove

Mariñas, marosas e maruxainas, pode verse na oficina de turismo de Xove

Por 19 Xullo, 2022Setembro 6th, 2022Sin comentarios

A Oficina de Turismo de Xove acolle desde este martes e ata finais de agosto a mostra Mariñas,  marosas e maruxainas, formada por 16 retratos e outros tantos textos de traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña.

As fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de pescantinas, redeiras, mariscadores, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas. Da mesma maneira, os textos, de autoría feminina, visibilizan as historias de vida doutras mulleres anónimas.  

A mostra forma parte do proxecto Amar a mar, coordinado pola xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e impulsado pola  Deputaciónn de Luo polo 50 aniversario do Museo do Mar de San Cibrao, celebrado en 2021, que aborda, desde distintos enfoques temáticos, a importancia do mar na configuración cultural e material da comarca da Mariña.

Mariñas, marosas e maruxainas continúa así a súa itinerancia polos concellos da Mariña, despois de visitar Foz,  Ribadeo e Barreiros.