Skip to main content
Xove

Mellorado o vial que une Canelas e Portocelo, en Xove, coa estrada LU-2601

Por 20 Xullo, 2022Xullo 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove vén de comunicar que investiu 12.064,70 euros  na mellora do vial a Canelas e Portocelo. Esta obra foi posible gracias ao Plan Único da Deputación 2021 que investiu 185.165,30 euros.

A financiación, compartida polo Concello e a Deputación, sumou un total de 197.000 euros e consistiu en acondicionar e mellorar o vial que une os dous núcleos coa estrada provincial LU-2601.

Trátase dun vial de 1.980 metros, cunha anchura media de algo máis de 3 metros, moi usado e con bastante tráfico, mesmo no verán onde é moi utilizado polas autocaravanas. Debido a súa antigüidade o pavimento atopábase moi deteriorado presentando estreiteces en algúns tramos.

Resumidamente, a actuación neste vial consisteu primeriro nunha limpeza de todo o vial, para pasar posteriormente a darlle unha capa de asfaltado en quente; posteriormente dotouse a estrada cunha cuneta de 60 cm revestida de formigón. A actuación rematou coa completa sinalización horizontal e vertical, a cal acaba de finalizarse.

Grazas a esta actuación pasou a ter 5 metros de ancho, frente aos 3 metros iniciais, dotando tamén o vial con algunhas zonas de sobreancho.

Esta obra, que conta cun investimento importante de 197.230 euros, vai permitir unha maior comodida e unha mellor seguridade nos desprazamentos.