Skip to main content
Xove

As festas patronais de Xove celebraranse do 17 ao 21 de agosto

Por 26 Xullo, 2022Agosto 30th, 2022Sin comentarios

As festas patronais do Concello de Xove na honra a San Bartolo e á Virxe do Carmen celebraranse desde o 17 ao 21 de agosto. Todos os asistentes, durante varios días poderase gozar de actividades lúdicas e relixiosas, ademais de diversas actuacións musicais.

As celebracións darán comezo o mércores 17 ás 20.30 horas co espectáculo Un verso, un cantar a cargo de Queiman e Pousa. Xa o xoves 18 a partir das 12.00 horas na praza do Concello haberá unha actuación de Teatro Ghazafelhos e xa ás 20.30 horas será a lectura do pregón a cargo do director da Orquestra Clásica de Xove, Xan Carballal. Máis tarde a música chegará da man de Óscar Ibáñez & Tribo.

Na xornada do venres 19, ás 20.00 horas celebrarase unha gran sardiñada popular amenizada pola Charanga de Neda. Pola noite, gran verbena a cargo das orquestras Finisterre e América, que amenizarán a velada ata altas horas da madrugada.

O sábado 20, dará comezo a xornada con pasarrúas da Banda de Gaitas Marino Tapiega e os Cabezudos da asociación Saiñas de Xove. Ás 13.00 horas será a quenda da misa solemne co Coro parroquial de Cervo e procesión acompañada da Asociación Cultural Saíñas. Ao finalizar os actos litúrxicos, sesión vermú a cargo da orquestra Solara, que tamén será a encargada de amenizar a verbena da noite acompaña da orquestra Charlestón.

O domingo pola mañá volverán os pasarrúas coa Banda Nosa Señora de la Misericordia e acto seguido os actos relixiosos co Grupo de Instrumentistas da Orquestra Clásica de Xove e da Escola Municipal de Música de Xove. E despois a procesión novamente coa anda Nosa Señora de la Misericordia.

A orquestra Pontevedra pora a nota musical na sesión vermú e na verbena da noite acompañada de orquestra Olympus.

Por último o luns 22, festivo local, será o día adicado á infancia no que haberá inchables na praza na praza do Concello a partir das 17.00 horas.