Skip to main content
O Valadouro

A casa da cultura do Valadouro acollerá a presentación do libro de Raquel Amieiro e Pepe Peinó

Por 1 Xullo, 2022Xullo 13th, 2022Sin comentarios

O salón de actos da casa da cultura do Concello do Valadouro acollerá o sábado 2 de xullo a presentación do libro Un año contigo de Raquel Amieiro Blanco e Pepe Vázquez Peinó.

A entrada ao acto será de balde e ademais contará co mestre de cerimoniasm Lionel Rexes, e coa animación musical de Aida e Gaspar Rio.

Este libro conta as experiencias vividas ó longo do tempo no que Raquel conta a súa historia ao longo do ano 2019, que foi cando tivo que enfrontarse co cancro, por culpa dun tumor de mama maligno que se lle diagnosticou. É a súa historia de sufrimento e superación, semellante á de tantas persoas que tamén padeceron e padecen esta enfermidade, que non só afecta o corpo, senón tamén as emocións.