Skip to main content
Axenda CaducadaCastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Continúa este sábado o cine na rúa en Castro de Rei

Por 1 Xullo, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei continuá co seu programa de Cine na Rúa cunha nova proxección. Este sábado, 2 de xullo, ás 17.00 hopras, no campo da feira (no Teleclub se chove) proxectarase Nicky, la aprendiz de bruja, unha das películas máis emblemáticas da produtora Studio Ghibli. A actividade será gratuíta e as prazas están limitadas.

Nicky é unha moza meiga de 13 anos, en período de adestramento, que se divirte voando na súa vasoira xunto a Jiji, un sabio gato negro. Segundo a tradición, todas as meigas desa idade deben abandonar o seu fogar durante un ano para saber valerse por si mesmas. Así, ela descubrirá o que significa a responsabilidade, a independencia e a amizade. No seu camiño Nicky e Jiji farán un novo amigo, Tombo, co que vivirán extraordinarias aventuras.

As proxeccións na rúa continuarán nos seguintes sábados. Así, o 9 de xullo poderá verse Cuñados, e o sábado 23 de xullo, Live is Life.