Skip to main content
Axenda CaducadaComarca TERRACHÁXA

King África destaca en Pígara nunha nova fin de semana de festas na comarca

Por 1 Xullo, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

Continúan as festas patronais esta fin de semana nas distintas parroquias da comarca chairega, todas na honra de San Pedro. Destacan as festas de Pígara, na parroquia de Guitiriz onde actuará mañá pola noite en sesión verbena King África, festas que se inician xa esta tarde.

Ademáis das festas parroquiais esta fin de semana hai outras citas festivas importantes, xa que son as patronais en Begonte e Vilalba acolle a primeira rapa das bestas.

Será tamén día grande para Outeiro de Rei, que non terá festas patronais, e que estas foron substituídas pola actuación do grupo Fénix o sábado pola tarde. Si celebra e por todo o alto a súa Feira de Artesanía. Por outra banda en Friol está prevista a actuación da Penúltima, o tributo a Sabina esta noite.

Guitiriz tamén terá celebración xa que se atopa en pleno Festival de Poesía Guitirica.

ABADÍN

As festas en Labrada están lista para celebrarse con dobre xornada. o trío Rever será o encargado da sesión vermú, trala misa das 13.30, e da verbena.

O domingo será Mar de Arousa o que amenice o vermú despois do oficio relixioso que repite horario. Na parroquia o campo da festa estará cuberto cunha carpa.

A PASTORIZA

A Rigueira festexa a San pedro dende mañá cunha misa ás 13.30 horas, coa consabida procesión e sesión vermú co grupo Sinfonía. Estes mesmos estarán acompañando a Ritmo Joven.

O domingo tamén haberá oficio relixioso ás 13.30 horas e rematará a celebración cunha sesión vermú prolongada co grupo Fénix.

En Xemil as festas son na honra a San Antón. Haberá misa solemne ás 13.30 horas do sábado e sesión vermú co trío Orquidia. O domingo será o trío Alba o que se encargue da música. Todos os actos serán baixo carpa.

CASTRO DE REI

Triabá estará en festas tamén esta fin de semana. París de Noia será o prato forte da programación na noite do sábado, acompañada polo grupo M3, que tamén se ocupará da sesión vermú.

O domingo será a ver da orquestra Alianza, que tamén fará dobre sesión. Os dous días haberá oficio relixioso ás 13.30 horas con procesión.

COSPEITO

San Pedro de Seixas, en Cospeito festexa tamén a San Pedro comezando o sábado coa misa ás 13.30. horas, e actuación de Tokio. Pola noite, este mesmo grupo xunto a O Rexedoiro encargaranse da verbena.

O domingo arrancarán ás 13.00 horas coa sdsión vermú co grupo Punto Fa, que parará ás 14.00 horas para a misa solemne. Continuarán media hora despois ata as 16.00 horas. Rematará a xornada con fogos artificiais.

FRIOL

A parroquia de Villalvite, en Friol, estará de festa na honra a San Pedro hoxe e mañá. A celebración comeza ás 22.00 horas cunha churrascada popular amenizada polo grupo Fénix.

O sábado 2 haberá misa ás 13.00 horas, con procesión e sesión vermú liderada por Son de Vigo, que tamén será o encargado da verbena que pechará a celebración.

Outra parroquia de Friol en festas é Narla. Contará coa actuación de Los Españoles en dobre sesión e misa á 13.30 horas.

O domingo repetirán oficio relixioso e Tania Veiras cubrirá o apartado musical, en sesión vermú e de 19.00 a 21.30 horas.

GUITIRIZ

As festas na parroquia de Pígara arrancarán hoxe ás 22.00 horas cunha liscada gratuíta amenizada polo dúo Venus. O sábado será o día grande coa misa solemne a partir das das 13.30 horas seguida de procesión e a tradicional sesión vermú a cargo da orquestra Platinum.

Pola noite será a actuación estelar de King África, que combinará co grupo D`Nika.

O domingo seguirá a celebración con misa á mesma hora e dobre actuación da orquestra Principal, en sesión vermú e verbena.

Tamén en Guitiriz, e tamén na honra de San Pedro, haberá festas en Buriz sábado e domingo, os dous días con oficio relixioso ás 13.30 horas. O sábado, Alma Latina fará dobre sesión e pola noite súmase New York. O domingo rematará a celebración co dúo Elixir ao mediodía.

VILALBA

Dobre xornada tamén para as festas de Santaballa na honra de San Pedro. O sábado actuará ao mediodía D’Nika e pola noite estarán as orquestras Arizona e Stradivarius, de León. Haberá misa ás 13.00 horas, que se repetirá o domingo. En sesión vermú actuará o grupo de gaitas Axóuxere de Roupar acompañado polo dúo Venus. Con esta actuación darase por finalizada a celebración.