Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

A piscina de Cervo acollerá un curso de apnea específico para surf e pesca submariña

Por 9 Xullo, 2022Xullo 17th, 2022Sin comentarios

A piscina olímpica do Concello de Cervo acollerá un curso de apnea para este mes de xullo que será específico para surf e pesca submariña.

As prazas son limitadas e para anotarse ou máis información será necesario chamar ao teléfono 41 78 672 35 81 ou no correo contact@freedivexperience.com.
O curso celebrarase os días 15, 16, 17, 22, 23 e 24 de xullo e terá unha duración de 12 horas e un prezo de 150 euros por curso. O AIDA está incluído. Posibilidade de obter a certificación AIDA 2 cun suplemento de 100 euros e 3 sesións de profundidade en mar.

O obxectivo principal deste curso é exercitar e mellorar as habilidades e capacidades corporais para preparar aos asistentes a surfear grandes ondas ou a mellorar a confianza co medio acuático. Os coñecementos de apnea daran confianza nun mesmo no caso de que as cousas non vaian como se esperaba.