Skip to main content
Axenda CaducadaChantada

Este ano volverase subir ao Monte Faro chantadés na II Romaría Galeguista

Por 7 Xullo, 2022Xullo 16th, 2022Sin comentarios

Este ano volverase subir ao Faro na II Romaría Galeguista que se celebrará o vindeiro 16 de xullo impulsada polo grupo Por Chantada.

A xornada comezará ás 12.00 na capela homónima onte despois farase un xantar no Campo das Pipas ás 14.00 horas.

Para anotarse ao xantar de campo haberá que dirixirse ao teléfono 687 858 164 que tamén ten Whats app ou ao enderezo electrónico cupchantada@gmail.com.

Dende a organización recuperan esa tradición das mulleres e homes do Partido Galeguista de Chantada, formación que chegou a reunir máis de 90 afiliacións nos meses previos ao referendo do Estatuto de autonomía hai agora 86 anos.

Aqueles devanceiros subían na véspera do 25 de xullo, hoxe oficialmente Día nacional da Galiza, ao Faro desde onde enxergaban o mañá que arelaban, unha Galiza ceibe de caciquismo e sen oprobio, dona de si e con capacidade de decidir, o que se traduciría na loita polo estatuto de autonomía.

Por isto, que desde Por Chantada escolleron esta data para xuntarse e partillar un xantar de confraternización para todas aquelas persoas que desexen achegarse.