Skip to main content
Axenda CaducadaO Saviñao

Máis de 30 bandas actuarán no Festival Música na Rúa de Escairón

Por 8 Xullo, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

O Festival Música na Rúa de Escairón, no Saviñao, que este ano chegará á súa duodécima edición, sumará como cabeza de cartel ó artista Soto Asa, o novo rei da música urbana. O músico ceutí, que ten colaborado con artistas da talla de Yung Beef e a mismísima Bad Gyal, ten unha enorme lexión de seguidores que celebran en cada concerto a súa singular mestura musical de trap, reggaetón e música electrónica.

As máis de catro millóns de reproducións coas que conta o artista en Spotify, dan unha idea da popularidade que ten acadado. O seu reggaetón a cámara lenta e a súa estética gamer, sumadas ás numerosas escoitas, convertérono nos últimos dous anos nun fenómeno de masas. Con esta confirmación, o festival Música na Rúa, ratifica a súa aposta para seguir medrando nesta nova edición, na que máis de 30 artistas emerxentes pasarán polo certame que terá lugar entre o xoves 4 e o domingo 7 de agosto, sendo un dos grandes escaparates da música ‘underground’ do momento.

Do mesmo xeito que na última edición, o Música na Rúa, volverá ter como escenario un gran prado en forma de anfiteatro natural na aldea de Fión, un gran balcón natural cunhas vistas espectaculares sobre o Río Miño, un paraxe natural en plena Ribeira Sacra luguesa. Por este escenario central pasarán artistas como Albany, a musa do sad trap -trap triste-, a modelo e dj de música techno Sita Abellán, o colectivo navarro Chill Mafia e artistas que están experimentando un gran crecemento como Rusowsky, VVV Trippin´you, Somos la Herencia ou La Élite. Todos estes grupos marcan un novo espírito xeracional alternativo, e a eles súmanse tamén artistas locais como Escairon Jonhansson, Methone ou EQX.

Ata este venres haberá dispoñible unha oferta inicial dun abono a só 35 euros (+g.x.) para os catro días de festival, na plataforma www.teuticket.com. A vindeira semana este prezo aumentará e sairán tamén á venda as entradas individuais para cada día. Nesta mesma plataforma está aberta xa a inscripción para quen desexe reservar praza na zona de camping á beira do festival, acondicionada, con acceso controlado e dotada de duchas.

Esta zona de campismo súmase este ano dentro da idea da organización de promover unha maior conexión do público cos incríbles espazos naturais desta zona da Ribeira Sacra, e desfrutar tamén da zona de baño na Praia da Cova, no Río Miño, á que se pode acceder andando. Do mesmo xeito, ademais do escenario principal na aldea de Fión, haberá outros espazos onde se desenvolverán catas musicais, un ciclo de cinema musical ou coloquios, en lugares como o Espazo O Faiado nas Adegas Moure ou a Sala Avenida no pobo de Escairón, e cuxos horarios serán anunciados nos vindeiros días.

GRUPOS

Somos la herencia, Main Line Magic Orchestra, Chill Mafia, PLASAPORROS, Mareo (Chico Blanco + 8Kitoo), Meneo, Ralphie Choo, Mori, VVV[Trippin’you], La Élite, Yung Prado, Los Yolos, La Culpa, Sofia, Mausoleo, Rusowsky, Mármol, Algara, EQX, Scairon Johanson, Cuello, Sentuhlà e Javato,