Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

Foz prepara unha exposición en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán

Por 9 Xullo, 2022Xullo 18th, 2022Sin comentarios

A Concellería de Normalización Lingüística de Foz anuncia a exposición Compromiso na distancia, homenaxe ao autor das Letras Galegas 2022.

Así, para coñecer mellor a figura deste poeta valdeorrés, a partir do 11 de xullo e até o 18, poderase visitar a exposición Florencio Delgado Gurriaran: Compromiso na distancia. Será na sala de exposicións da casa da cultura Manuel María de Foz, en horario de 08.30 a 14.00 hs. 

“Homenaxéase neste 2022 a  Florencio Delgado Gurriarán, tanto ao poeta coma ao activista político e cultural”, din dende a Concellería de Normalización Lingüística, “as Letras Galegas celébranse os 365 días do ano. É necesario honrar a memoria dos exiliados e exiliadas republicanos que, organizados en conexión con outros transterrados da diáspora, contribuíron a manter aceso o facho da cultura galega e da nosa identidade”. 

Pertencente á denominada Xeración do 25, da que tamén forman parte autores como Manuel Antonio ou Blanco Amor, foron unha sorte de fillos da Xeración Nós que, continuando co labor modernizador e europeizante dos seus predecesores, convertéronse nos grandes renovadores da poesía e do teatro galego.