Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda Caducada

A XVIII Feira Outrora, de Rubián, contará cun showcooking de Tenreira Galega Suprema

Por 11 Xullo, 2022Xullo 14th, 2022Sin comentarios

O Concello de Bóveda presenta a programación da XVIII Feira Outrora que se vai celebrar en Rubián o vindeiro xoves 14 de xullo ao longo de toda a xornada. Artesanía, obradoiros, cociña, música e xogos encherán unha xornada festa que coincidirá co día de feira local.

O evento dará comezo ás 10:00 horas cunha exhibición de escultura con motoserra. Ás 10:45 horas será o pasarrúas a cargo do grupo de gaitas municipal. 

Ás 11:00 da mañá farase a apertura dos postos e venda de Artesanía de Galicia, na que participan máis dunha ducia de expositores. Á mesma hora darán comezo os obradoiros de artesanía para familias. Un deles de marmolado e outro de creación de cianotipia.

Ás 12:00 horas haberá un pasarrúas a cargo do Quinteto Atabal. Ás 12:30 horas, e como novidade, farase un showcooking e desgustación de tenreira galega suprema a cargo do chef Santi Almuíña do Restaurante Colón.

A actividade retómase ás 16:00 horas con outro dos obradoiros de artesanía para familias. Os obradoiros son gratuítos e pode participar calquera persoa. Serán impartidos por María José Martínez e José Antonio Carrera.

Ás 18:00 horas os nenos e nenas poderán desfrutar da festa da espuma e ás 19:00  horas haberá xogos tradicionais. Ás 20:00 horas concerto na capela do dúo formado por Ana Gayoso e Sara Méndez e ás 21:00 horas no mesmo lugar concerto de Noemí Mazoy.

Ás 22:00 horas charanga e degustación de ‘isco no guizo’. A partir das 23:00 horas comeza a noite de pasodobre.