Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Begonte organiza unha viaxe a Portugal

Por 13 Xullo, 2022Xullo 20th, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte organiza unha excursión a Portugal que terá lugar o próximo día 20 de xullo. O obxectivo é visitar a feira de Valença do Miño e a Fortaleza.

A viaxe te un custe de 25 euros para veciños e 35 para os que non estean empadroados.

O Concello pon a disposición cen prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Easta debe facerse antes do luns 18 de xullo nas oficinas municipais achegando DNI, tarxeta sanitaria de xustificante de pago.

A viaxe inclúe almozo, comida e viaxe propiamente dita.