Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

Os veciños de San Martiño, en Foz, celebrarán do 22 ao 24 as súas festas

Por 20 Xullo, 2022Xullo 25th, 2022Sin comentarios

Os veciños da parroquia de San Martiño, no Concello de Foz, celebrarán desde o 22 ao 24 de xullo as súas festas.

A xornada festiva comezará o 22 ás 20.30 horas cunha pancetada á que seguirá a verbena co orquestra Suavecito e o disco móbil Conxuro.

O sábado 23 haberá misa solemne e procesión coa Banda de música de Foz, que dará paso á sesión vermú coa orquestra Salsarena. Xa pola noite será a gran verbena con Salsarena e grupo Tapyöka.

O domingo 24 tan só haberá misa e procesión ás 13.00 horas.