Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

Xudán, na Pontenova, celebrará a súa festa en honra a Santa María Magdalena

Por 17 Xullo, 2022Xullo 24th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Xudán, pertencente ao Concello da Pontenova, celebrará a súa festa en honra a Santa María Magdalena entre o 22 e o 24 de xullo. Os asistentes a estas xornadas festivas poderán gozar cos actos programados para a ocasión, entre os que non faltarán as grandes verbenas.

Na primeira xornada das festas en honra a Santa María Magdalena, o venres 22 de xullo, celebrarase unha gran verbena a cargo do dúo Epo-K.

Xa o sábado 23, ás 13.00 horas oficiarase a misa solemne en honra á Santa. A orquestra Tokio será a encargada de poñer a nota musical na sesión vermú e na verbena.

O domingo 24, a última xornada festiva comezará ás 14.00 horas coa celebración da misa solemne, seguida da sesión vermú a cargo dunha formación musical.