Skip to main content
Axenda CaducadaBarreiros

Celeiro de Mariñaos, de Barreiros, celebrará a Santa Cristina

Por 19 Xullo, 2022Xullo 25th, 2022Sin comentarios

A festa relixiosa na honra a Santa Cristina que terá lugar na parroquia de Celeiro de Mariñaos, do Concello de Barreiros terá lugar o 24 e 25 de xullo. Aos tradicionais oficios relixiosos en honra á Santa sumaránselle as actuacións musicais.

O domingo 24 de xullo comeza a festa coa celebración ás 13.00 horas da misa solemne, seguida da tradicional procesión. Ao termo dos actos, dará inicio a sesión vermú a cargo da orquestra Zeltia, que ademais animará a verbena da noite.

A xornada do luns 25, ás 13.00 horas oficiarase a misa solemne, con posterior procesión. A continuación os presentes poderán asistir á sesión vermú amenizada polo dúo Merixel, que será o encargado de poñer o broche final a estas festas.